Wikipedia:Efemérides Destacadas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Efemérides Destacadas é unha sección da Portada onde se mostran algúns acontecementos históricos importantes seleccionados de entre as efemérides dos 366 días do ano. Pode modificar e mellorar as efemérides destacadas sempre que siga a guía de estilo que aparece nesta mesma páxina.
Índice |
Efemérides destacadas de hoxe
|
Efemérides destacadas dos próximos días
Mañá será o 4 de decembro de 2008
- 1679, morre Thomas Hobbes, filósofo inglés, teórico do absolutismo (n. 1588).
- 1866, nace Wassily Kandinsky, pintor ruso, autor das primeiras obras abstractas (m. 1944).
- 1982, morre Louis Aragon, poeta e escritor francés que participou no dadaísmo e no surrealismo (n. 1897).
- 1993, morre Frank Zappa, músico e compositor estadunidense (n. 1940).
- 1993, primeira acción dos GAL (Grupos Anti-terroristas de Liberación).
- 1996, lanzamento da Mars Pathfinder coa misión de explorar Marte.
Pasadomañá será o 5 de decembro de 2008
- 1791, morre Wolfgang Amadeus Mozart, compositor austríaco (n. 1756).
- 1901, nace Walt Disney, produtor de películas de debuxos animados e creador da factoría Disney (m. 1966).
- 1926, morre Claude Monet, pintor impresionista francés (n. 1840).
- 1930, a Real Academia Española da Lingua acepta o feminino para os substantivos que designan profesións ou cargos.
- 1933, fin da Lei Seca nos Estados Unidos de América, instaurada 13 anos antes.
- 1963, o Concilio Vaticano II aproba a introdución das linguas modernas na liturxia por medio da Constitución Sacrosanctum Concilium.
- 1987, o cargueiro Cason, con 1.100 toneladas de produtos tóxicos, sofre un accidente nas costas de Fisterra.
Hoxe é o Día Internacional do Voluntariado e, en Tailandia, o Día do Pai.
Queres axudar?
Apetéceche colaborar connosco nas efemérides? Estás no lugar indicado. Actualmente as efemérides dos 366 días do ano xa están creadas; aínda así non desesperes, pódesnos axudar igualmente! Para iso só tes que elixir o día que queiras e ampliar os acontecementos que xa aparezan cos eventos que desexes, sempre e cando comprobes e esteas seguro de que corresponden a ese día; do contrario, estes serán eliminados. Toda a axuda sempre é benvida, sempre e cando sigas a guía de estilo que vén aquí embaixo, a continuación.
Guía de estilo
Cada día ten moitas efemérides e non caben todas na Portada; por iso é preciso seguir unhas directrices á hora da súa escolla:
- As efemérides seleccionadas deberan ser entre 4 ou 6.
- As efemérides deben estar redactadas en tempo presente.
- As efemérides deberán estar en orde cronolóxica: das máis antigas ás máis recentes.
- As efemérides seleccionadas seguen unha orde de preferencia que se debe cumprir sempre que sexa posíbel:
-
-
- Datas importantes para Galiza: Día Nacional de Galicia, Día de aprobación do estatuto de autonomía.
- Datas significativas para o galego: Día das letras galegas, publicación por primeira vez da revista A Nosa Terra.
- Datas importantes de persoeiros galegos: Morte de Castelao, fusilamento de Alexandre Bóveda.
- Datas importantes para España: Día do comezo da Guerra Civil, referendo da Constitución española de 1978.
- Datas significativas en xeral: Día da Paz, invención da imprenta.
-
Outros aspectos
Estes son outros aspectos a ter en conta na relización da efemérides da Portada:
- Sería bo que as efemérides levasen unha imaxe ilustrativa que estivese relacionada cun dos eventos que se citan (mellor que sexa un evento que o nacemento/morte de alguén). Para colocar a foto hai que usar o seguinte código:
<div style="float:left; margin-right:1.5em;">[[Imaxe:TÍTULO DA IMAXE|left|100px|thumb|DESCRICIÓN MOI BREVE.]]</div>-
-
- NOTA: O tamaño das imaxes pode agrandarse debido a que algunhas se ven mal con 100 píxeles (100px).
-
Listaxe de efemérides destacadas
A continuación móstrase unha listaxe das Efemérides Destacadas de todos os meses e, detalladas, as do actual mes de decembro:
1 de decembro (ver · editar)
- 1640, Xoan IV é coroado Rei de Portugal, fronte ó rei español Filipe IV, provocando unha guerra de independencia con España.
- 1919, Lady Astor convértese na primeira muller en tomar posesión como deputada no Parlamento británico.
- 1935, nace Woody Allen, director, guionista e actor de cine estadounidense.
- 1977, derrógase en España a censura previa cinematográfica.
- 1979, morre Eduardo Blanco Amor (n. 1897), escritor e xornalista galego.
- 1990, as dúas bocas do túnel baixo o Canal da Mancha quedan unidas ó atoparse os obreiros dunha e doutra sección. Francia e Inglaterra quedan unidas por terra.
- 2002, unhas 200.000 persoas maniféstanse en Compostela, convocadas polo movemento Nunca Máis, para esixir dignidade e dimisións pola incompetencia dos gobernos galego e español na catástrofe do Prestige.
Hoxe é o Día Mundial da SIDA.
2 de decembro (ver · editar)
- 1547, morre Hernán Cortés, conquistador de México.
- 1805, as tropas francesas de Napoleón derrotan as aliadas de Austria e Rusia en Austerlitz.
- 1814, morre o Marqués de Sade (Donatien Alphonse François), escritor francés.
- 1915, Albert Einstein publica a teoría xeral da relatividade.
- 1931, Federico García Lorca presenta un modelo de teatro itinerante, A Barraca, para populariza-lo teatro na España rural.
- 1971, a sonda Mars 3 é o primeiro vehículo que se pousa en Marte.
Hoxe é o Día Internacional para a Abolición da Escravitude.
3 de decembro (ver · editar)
- 1800, aplícase, por primeira vez en España, a vacina contra a varíola (descuberta en 1796).
- 1894, morre Robert Louis Stevenson, novelista escocés (n. 1850).
- 1919, morre Auguste Renoir, pintor impresionista francés (n. 1841).
- 1967, o cirurxián Christiaan Barnard realiza o primeiro transplante de corazón na Universidade sudafricana de Capetón. O paciente, Louis Washkansky, sobreviviu 18 días.
- 1984, en Bhopal, na India, un escape de gases tóxicos nunha planta de pesticidas da empresa Union Carbide causa a morte de miles de persoas.
- 1992, o petroleiro grego Mar Exeo naufraga fronte a Coruña provocando un vertido dunhas 80.000 toneladas de cru.
Hoxe é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e o Día Internacional do Euskera.
4 de decembro (ver · editar)
- 1679, morre Thomas Hobbes, filósofo inglés, teórico do absolutismo (n. 1588).
- 1866, nace Wassily Kandinsky, pintor ruso, autor das primeiras obras abstractas (m. 1944).
- 1982, morre Louis Aragon, poeta e escritor francés que participou no dadaísmo e no surrealismo (n. 1897).
- 1993, morre Frank Zappa, músico e compositor estadunidense (n. 1940).
- 1993, primeira acción dos GAL (Grupos Anti-terroristas de Liberación).
- 1996, lanzamento da Mars Pathfinder coa misión de explorar Marte.
5 de decembro (ver · editar)
- 1791, morre Wolfgang Amadeus Mozart, compositor austríaco (n. 1756).
- 1901, nace Walt Disney, produtor de películas de debuxos animados e creador da factoría Disney (m. 1966).
- 1926, morre Claude Monet, pintor impresionista francés (n. 1840).
- 1930, a Real Academia Española da Lingua acepta o feminino para os substantivos que designan profesións ou cargos.
- 1933, fin da Lei Seca nos Estados Unidos de América, instaurada 13 anos antes.
- 1963, o Concilio Vaticano II aproba a introdución das linguas modernas na liturxia por medio da Constitución Sacrosanctum Concilium.
- 1987, o cargueiro Cason, con 1.100 toneladas de produtos tóxicos, sofre un accidente nas costas de Fisterra.
Hoxe é o Día Internacional do Voluntariado e, en Tailandia, o Día do Pai.
6 de decembro (ver · editar)
- 1768, publícase a primeira edición da Enciclopedia Británica.
- 1778, nace Louis Joseph Gay-Lussac, químico e físico francés (m. 1850).
- 1904, o presidente Theodore Roosevelt declara que os Estados Unidos son o "xendarme de América latina".
- 1905, o senado francés aproba a separación entre a Igrexa e o Estado en resposta ás críticas do Papa Pío X.
- 1922, publícase a novela Ulises, de James Joyce (1882 - 1941).
- 1932, en Barcelona constitúese o Parlamento de Cataluña; Lluís Companys é elixido presidente.
- 1978, apróbase en referendo a Constitución española, co 87% dos votos a favor.
Hoxe é o Día da Constitución española en España e o Día da Independencia en Finlandia (1917).
7 de decembro (ver · editar)
- 43 aC, é asasinado Cicerón, filósofo, escritor e político romano.
- 1493, Cristovo Colón funda a primeira cidade occidental no novo mundo e bautízaa como Isabela, hoxe Santo Domingo de Guzmán.
- 1888, John Dunlop, veterinario escocés (1840-1921) patenta o pneumático con cámara de aire.
- 1924, nace Mário Soares, presidente de Portugal entre 1986 e 1996.
- 1941, os xaponeses bombardean Pearl Harbour, o que obriga ós americanos a intervir na II Guerra Mundial.
- 1985, morre Robert Graves, escritor inglés.
Hoxe é o Día Internacional da Aviación Civil
8 de decembro (ver · editar)
- 65 aC, nace o poeta Quinto Horacio Flaco.
- 1813, Ludwig van Beethoven estrea a Sétima Sinfonía.
- 1854, o Papa Pío IX proclama o dogma da Inmaculada Concepción, que afirma que a Virxe María naceu sen pecado orixinal.
- 1941, durante a Segunda Guerra Mundial, Estados Unidos declara a guerra a Xapón polo seu ataque a Pearl Harbour.
- 1980, Mark David Chapman asasina en Nova York ó Beatle John Lennon.
- 1991, os líderes de Rusia, Bielorusia e Ucraína deciden disolve-la URSS e crea-la Comunidade de Estados Independentes.
9 de decembro (ver · editar)
- 1900, en Francia autorízase ás mulleres a exercer a avogacía.
- 1916, nace en Nova York o actor Kirk Douglas.
- 1925, morre Pablo Iglesias, fundador do PSOE e da UGT.
- 1929, nace John Cassavetes, actor e cineasta independente.
- 1966, a NBC comeza a emitir a serie de ficción científica Star Trek.
- 1989, morre Dolores Ibárruri «la Pasionaria», dirixente do Partido Comunista de España (nada o 12 de novembro de 1895)
- 1990, Lech Wałęsa vence nas eleccións presidenciais polacas.
Hoxe é o Día da Independencia en Tanzania (1961).
10 de decembro (ver · editar)
- 1844, Horace Wells descobre as propiedades anestésicas do óxido nitroso.
- 1896, morre Alfred Bernard Nobel, químico sueco, fundador da institución que leva o seu nome (n. 1833).
- 1901, entrégase o Premio Nobel por vez primeira.
- 1938, nace Liv Ullmann, actriz noruega.
- 1948, a ONU proclama a Declaración Universal dos Dereitos Humanos na súa sede en Nova York.
- 1954, Ernest Hemingway obtén o Premio Nobel de Literatura.
- 1989, Camilo José Cela obtén o Premio Nobel de Literatura.
Hoxe é o Día da Constitución en Tailandia (1932) e o Día Internacional dos Dereitos Humanos.
11 de decembro (ver · editar)
- 1927, comeza o Erguemento de Guangzhou en Guangzhou, China.
- 1937, Italia abandona a Liga das Nacións.
- 1941, durante a Segunda Guerra Mundial, Alemaña e Italia declaran a guerra ós Estados Unidos.
- 1946, as Nacións Unidas crean UNICEF.
- 1958, o Alto Volta obtén de Francia o autogoberno.
- 1981, 900 persoas son asasinadas no Salvador durante o masacre de El Mozote.
- 1999, o concello de Pontevedra recoñece a Alexandre Bóveda coa Medalla de Ouro da Cidade e a distinción de Fillo Adoptivo.
Hoxe é o Día da República en Burkina Faso (1958) e o Día do Tango en Arxentina.
12 de decembro (ver · editar)
- 1911, a capital da India móvese dende Calcuta a Nova Delhi.
- 1915, Yuan Shikai, presidente da República de China, reinstaura a monarquía e autoproclámase Emperador de China.
- 1925, Reza Pahlavi convértese en shah de Irán.
- 1939, durante a Guerra de Inverno, Finlandia derrota á Unión Soviética na Batalla de Tolvajärvi.
- 1941, durante a Segunda Guerra Mundial, Hungría e Romanía declaran a guerra a Estados Unidos e a India declara a guerra a Xapón.
- 1979, Rhodesia cambia o seu nome polo de Cimbabue.
- 2007, o Parlamento Europeo proclama e asina a Carta de Dereitos Fundamentais, unha das principais innovacións do Tratado de Lisboa.
Hoxe é o Día da Independencia en Quenia (1963).
13 de decembro (ver · editar)
- 1545, comeza o Concilio de Trento en Trento, Italia.
- 1937, durante a Segunda Guerra Chinesa-Xaponesa remata a Batalla de Nanjing coa vitoria das tropas xaponesas, dando comezo o Masacre de Nanjing.
- 1959, Makarios III, arcebispo da Igrexa Ortodoxa Chipriota, convértese no primeiro presidente de Chipre.
- 1981, o xeneral Wojciech Jaruzelski declara a lei marcial en Polonia para impedir que Solidaridade desmantele o sistema socialista.
- 1996, Kofi Annan é elixido Secretario Xeral das Nacións Unidas.
- 2003, Saddam Hussein, ex-presidente de Iraq, é capturado preto de Tikrit polas tropas estadounidenses.
Hoxe é o Día da República en Malta (1974).
14 de decembro (ver · editar)
- 1503, nace Michel de Notradame máis coñecido como Nostradamus.
- 1799, morre George Washington, primeiro presidente de Estados Unidos
- 1911, Roald Amundsen e o seu equipo son as primeiras persoas en chegar ó Polo Sur.
- 1939, a URSS é expulsada da Liga de Nacións.
- 1946, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aproba establecer o seu cuartel xeral na cidade de Nova York.
- 1955, España e outros 14 países máis ingresan na ONU.
- 1981, Israel anexiónase os Altos do Golán.
- 1995, asínanse en París os Acordos de Dayton para rematar coas guerras en Iugoslavia.
15 de decembro (ver · editar)
- 1675, nace Johannes Vermeer pintor holandés.
- 1832, nace Gustave Eiffel, enxeñeiro francés.
- 1852, J. R. Hind descubre o satélite Talía.
- 1916, na Primeira Guerra Mundial Francia vence na Batalla de Verdún.
- 1937, comezo da Batalla de Teruel na Guerra Civil Española.
- 1976, en España celébrase o referendo para a reforma política.
- 1994, versión 1.0 do navegador web Netscape Navigator.
- 2003, coa inauguración do tramo a Ferrol remata a construción da autoestrada AP-9, despois de 30 anos.
16 de decembro (ver · editar)
- 1902, nace o poeta español Rafael Alberti.
- 1917, nace Arthur C. Clark, escritor inglés, autor de 2001, unha odisea do espazo, novela na que se baseou Stanley Kubrick para filmar a película homónima.
- 1928, nace Philip K. Dick, novelista estadounidense (m. 1982).
- 1943, nace Steven Bochco, produtor e guionista de televisión norteamericano.
- 1965, morre William Somerset Maugham, escritor británico (n. 25 de xaneiro de 1874).
- 1990, Jean-Bertrand Aristide é elixido presidente de Haiti despois de 30 anos de ditadura.
- 2003, en Barcelona o parlamento catalán elixe a Pasqual Maragall presidente da Generalitat de Catalunya.
Hoxe é o Día Nacional en Bahrain (1971), o Día da Vitoria en Bangladesh (1971) e o Día da Independencia en Casaquistán (1991).
17 de decembro (ver · editar)
- 1770, nace Johann Wolfgang von Goethe, escritor alemán.
- 1830, morre Simón Bolívar, libertador da Colombia, Venezuela e outros países de América do Sur (m. 1783).
- 1903, en Kitty Hawk, Carolina do Norte (Estados Unidos), Orville Wright efectúa o primeiro voo controlado dun avión autopropulsado, o Flyer I, construído xunto co seu irmán Wilbur.
- 1987, morre Marguerite Yourcenar, escritora, primeira muller membro da Academia francesa.
- 1989, celebránse as elecccións da terceira lexislatura do Parlamento de Galicia.
- 2001, chegada da terceira expedición á Estación Espacial Internacional.
Hoxe é o Día Nacional en Bután (1907).
18 de decembro (ver · editar)
- 1865, a escravitude é abolida nos Estados Unidos.
- 1879, nace Paul Klee, pintor (m. 1940).
- 1917, Vicente Risco pronuncia o seu primeiro discurso en galego, nun acto de apoio a Francesc Cambó.
- 1945, Uruguai convértese en estado membro da ONU.
- 1946, nace Steve Biko, militante do movemento anti-apartheid en Sudáfrica (m. 1977).
- 1987, publícase Perl, linguaxe de programación deseñada por Larry Wall.
- 1997, sae á luz a versión 4.0 de HTML froito dos traballos do World Wide Web Consortium.
- 1999, morre Robert Bresson, cineasta francés, director de Pickpocket (1959) e L'Argent (1983).
Hoxe é o Día da República en Níxer (1958).
19 de decembro (ver · editar)
- 1808, remata a ocupación británica en Macau, que fora iniciada o 21 de setembro deste mesmo ano.
- 1915, nace en París Édith Piaf, cantante francesa (m. 1963).
- 1915, morre Alois Alzheimer, neurólogo alemán que descubriu a enfermidade que leva o seu nome (n. 1864).
- 1944, publícase por primeira vez o xornal Le Monde en Francia.
- 1963, Zanzíbar obtén a súa independencia como monarquía constitucional; o 26 de abril de 1964, logo do derrocamento do sultán, uniuse con Tanganika para formar o novo estado de Tanzania.
- 1972, o Apollo 17 regresa á terra; a súa cápsula cae ó Pacífico ás 2:25 PM, non moi lonxe de Samoa, a 6,4 quilómetros do punto previsto.
- 1996, morre Marcello Mastroianni, actor italiano (n. 1924).
20 de decembro (ver · editar)
- 1582, comeza a utilizarse o calendario gregoriano en Francia.
- 1907, estréase o Himno galego na Habana
- 1955, proclámase a independencia de Sudán.
- 1959, as Nacións Unidas subscriben a Convención sobre os Dereitos Políticos da Muller.
- 1975, os últimos soldados españois abandonan o Sáhara Occidental tras a ocupación marroquí.
- 1989, EEUU invade Panamá.
- 1996, morre Carl Sagan, astrónomo e escritor norteamericano (n. 1934).
- 1999, remata a administración portuguesa en Macau.
21 de decembro (ver · editar)
- 1375, morre Giovanni Boccaccio, escritor e humanista italiano (n. 1313).
- 1471, os portugueses descobren a illa de San Tomé.
- 1898, Marie e Pierre Curie descobren o radio.
- 1940, sae á venda o primeiro número do Capitán América, personaxe de cómic creado en setembro de 1940 por Joe Simon, Jack Kirby e Martin Goodman para a revista Timely.
- 1940, nace Frank Zappa, músico estadounidense.
- 1937, estréase Brancaneves e os sete ananiños o primeiro filme de animación producido por Walt Disney Pictures.
- 1942, nace Hu Jintao, presidente da República Popular de China dende o 15 de marzo de 2003 e secretario xeral do Partido Comunista de China.
- 2002, morre José Hierro, poeta español.
Hoxe é o solsticio de inverno no hemisferio norte, o solsticio de verán no hemisferio sur e a Feira do Capón de Vilalba
22 de decembro (ver · editar)
- 1849, a execución de Fiódor Dostoievski é cancelada no último segundo.
- 1885, o samurai Ito Hirobumi convértese no primeiro Primeiro Ministro do Xapón.
- 1911, nace en Mondoñedo o escritor Álvaro Cunqueiro.
- 1938, Otto Hahn, do Instituto Kaiser de Berlín, e mailo seu equipo acadan a primeira fisión nuclear da historia.
- 1944, fúndase o Exército Popular Vietnamita para loitar contra a ocupación xaponesa.
- 1989, durante a Revolución Romanesa, Ion Iliescu proclámase presidente de Romanía rematando coa ditadura comunista de Nicolae Ceauşescu.
- 2001, Burhanuddin Rabbani, líder político de Alianza Afgana no Norte, cede o poder sobre Afganistán ó goberno interino encabezado polo Presidente Hamid Karzai.
23 de decembro (ver · editar)
- 1881, nace Juan Ramón Jiménez, poeta español, Premio Nobel de Literatura en 1956.
- 1888, Van Gogh córtase unha orella.
- 1909, Alberte I sobe ó trono de Bélxica.
- 1954, os doutores Joseph Murray e J. Hartwell Harrison realizan con éxito o primeiro transplante de órganos entre humanos.
- 1976, o goberno das Filipinas e a Fronte Islámica de Liberación Moura firman un tratado de paz en Trípole, Libia.
- 1990, a República de Eslovenia vota a favor da secesión da República Federal Socialista de Iugoslavia.
Hoxe é o Aniversario do Emperador no Xapón e o Ziemassvetki en Letonia.