Pío VII, Papa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Papa do século XVIII |
|
|---|---|
|
|
| Papa do século XVIII ó século XIX |
|
|
|
| Papas do século XIX |
|
|
|
| Papa do século XIX ó século XX |
|
|
|
| Papas do século XX |
|
|
|
| Papa do século XX ó século XXI |
|
|
|
| Antipapa/s |
|
|
Pio VII, nado Barnaba Niccolò Maria Luigi Chiaramonti (Cesena, 14 de agosto de 1742 - Roma, 20 de agosto de 1823), foi papa desde 1800 ata a súa morte.
[editar] Biografía
Barnaba Chiaramonti naceu nunha familia aristocrática da Romaña. Estudiou na Escola de Nobres de Ravenna, ingresando en 1758 no convento benedictino de Santa María del Monte. En 1773 foi nomeado confesor do papa Pío VI e abade de San Paolo fuori la mura. No 1783 foi nomeado bispo de Tivoli, e dous anos logo cardeal e bispo de Imola.
Naqueles anos, os franceses, ás ordes de Napoleón, conquistaran o Norte de Italia, e declararan acabado o poder temporal dos papas, secuestraran a Pío VI, levándoo preso para Francia, onde faleeu a causa da dureza da vixe. O conclave non puido ser reunido en Roma, debido á ocupación francesa, polo que os cardeais xuntáronse en Venecia. Alí o cardeal Chiaramonti foi esleito como novo papa, tomando o nome do seu predecesor, Pius VII. Pouco tempo antes, Napoleón dera un golpe de estado e fora proclamado primeiro cónsul de Francia.
[editar] Concordato con a Francia revolucionaria
Pío VII, non era contrario as ideas que os franceses estaban a difundir por Europa. Sendo aínda cardeal, xa manifestara que os ideais da Revolución Francesa non eran incompatibles cos principios da Igrexa cristiá. Así, no ano 1801, asinou un concordato con Francia, que lle permitíu tornar a Roma e recuperar o trono papal, a cambio outorgou a Napoleón o dereito de nomear os bispos franceses.
[editar] Coroación de Napoleón
En 1804, Pío VII trasladouse a Francia para coroar a Napoleón como emperador. O papa só o unxíu cos óleos sagrados, sendo o mesmo Napoleón que se colocou el mesmo a coroa imperial, seguramente porque non quería que se repetisen as condicións humillantes as que se víu obrigado Carlo Magno ao ser coroado mil anos atrás.
As ambicións de Napoleón I eran demasiado grandes para poder casalas cos intereses da Santa Sede, de xeito que o clima de harmonía entre o papa e o emperador rompeuse, especialmente cando en 1806 Pío VII se negou a colaborar no bloqueo contra Inglaterra.
En 1809, Napoleó volveu ocupar os Estados Pontificios, deportando o papa, como prisoeiro, a Savona e, posteriormente, a Fontainebleau, onde pasaría o resto da guerra, ata que as derrotas do exército francés causaron o exilio de Napoleón na illa de Elba e, sobretodo cando foi derrotado en 1815, xa definitivamente, co que Pío VII puido retornar a Roma, séndolle devoltos os Estados Pontificios polo Congreso de Viena.
Durante o subseguinte período da Restauración, Pío VII erixíuse nunha figura conservadora, autoritaria e antiliberal, influenciado pola Europa da época. Reconstruíu a Compañía de Xesús, a garda nobre do Vaticano e adoptou a actual bandeira, branca e amarela. Fundou tamén a Pinacoteca Vaticana e máis o museo Chiaramonti.